sábado, 30 de abril de 2011

domingo, 24 de abril de 2011

23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO


Sabes por que se celebra o 23 de abril o día do libro?
Fai "Clic" no debuxo do libro e o saberás.

Coñeces a lenda de San Jorge e o Dragón?
Sabías que hai moitos anos, cando aínda había pesetas, había unhas moedas de 5 e 10 céntimos cunha figura dun guerreiro como San Jorge?


Cando pases pola Biblioteca pregunta por este libro.
Se queres saber algo deste libro, fai "clic" na imaxe.

EL PARQUE ENFERMO

El día 6 de abril estrenamos nuestra obra de teatro en la "II Mostra de Teatro Escolar" que organiza la Escola Municipal de Teatro.
Este año celebramos el "Año internacional de los bosques" y por eso nuestra obra tiene que ver con la Naturaleza y el Medio Ambiente.
Se titula "El Parque Enfermo" y es una adaptación del libro de Damián Cañas.
Era nuestra primera representación y estábamos todos muy, pero que muy nerviosos.
Nos dijeron que había gustado mucho...
EL PARQUE ENFERMO on PhotoPeach

 


Unos días después fuimos a otros colegios del grupo Interteatro con los que intercambiamos nuestras obras: ceip A Doblada y ceip Javier Sensat.

TEATRO - A Doblada e Javier Sensat

Para os máis pequenos do colexio, os nenos de 5 anos do Javier Sensat interpretaron a obra:

"TODO É UN CONTO"

Sinopse:
Nunca nos contaron que pasaría se os personaxes dos contos máis coñecidos: Carapuchiña, o Lobo, Hansel e Gratel, Princesas... tivesen algunha doenza.
Onde irían? Quen os atendería? Hai algunha clínica nos contos?
Os nenos do Javier Sensat contáronno dunha forma moi divertida.


Para os maiores, os alumnos de 6º do ceip A Doblada interpretaron en inglés a obra:

"THE GRUFFALO"
Sinopse:
The Gruffalo é un ser descoñecido que vive na selva.Os demais animais teñen medo, moito medo porque The Gruffalo vai comelos en diferentes guisos. Será certo? Cal é a súa comida favorita?

Foi moi divertido e interesante. Cantamos e aprendimos. Ademais, o conto gustounos moito.



sábado, 23 de abril de 2011

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

No mes de xaneiro celebrouse o 50 aniversario da publicación do libro "Memorias dun neno labrego" do escritor galego D. Xosé Neira Vilas.







Traballo cedido por Mónica Muñoz do Blog "O lar de Frianciño" e elaborado polos equipos de Normalización Lingüística e TICS do ceip Frián-Teis sobre este libro: un pequeno resume con actividades LIM para coñecer mellor esta obra a achegala ós máis cativos. Seguro que podedes sacarlle moito partido!

Queres xogar? Queres saber canto sabes? Fai "Clic" na imaxe.

ENCONTROS PLAMBE 2011


Reseña sobre os Encontros do PLAMBE redactada e cedida por Mónica Muñoz do ceip Frián-Teis no seu Blog "O lar de Frianciño" 

O venres día 8 de abril participamos nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011.

O Encontro comenzara xa o día 7 (nesta sesión só foron convocados os centros de nova incorporación). 

O venres resultou un día intenso: fomos recibidos polo Conselleiro de Educación e polos señores Mira (Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa) e Pinal, (Director Xeral de Centros e Recursos Humanos).

A continuación, Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos sobre un tema fundamental para planificar correctamente o noso traballo: a avaliación. Unha tarefa que, na teoría, está sempre presente. Pero que, na práctica adoitamos cosiderar un trámite burocrático ó que non lle damos a importancia que merece. 

Con grande meticulosidade, explicáronnos o proceso que levaron a cabo para estudiar as boas prácticas na integración da biblioteca escolar nos centros educativos. Esta experiencia está recollida na publicación do Ministerio de Educación e da Fundación Germán Sánchez Ruipérez titulada Bibliotecas escolares "entre comillas", que coñecimos o ano pasado en Fraga cando fomos recoller o noso Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares. 

Logo, déronnos información sobre o traballo que están realizando na actualidade: un cuestionario de avaliación das prácticas na biblioteca escolar que están preparando para o Ministerio, e que, sen dúbida, nos será de grande axuda para orientar o noso traballo. 

Tras o café, sesións simultáneas sobre Literatura en Imaxes. Ademais das experiencias de distintos centros do noso colectivo que traballan co vídeo e a banda deseñada, poidemos aprender un montón de cousas sobre o cómic e a súa historia da man de Kiko Dasilva

Durante a comida, disfrutamos do marabilloso día, e aproveitamos para coñecer a novos compañeiros e compañeiras, e saudar a xente da que facía anos que perdéramos a pista. 

As sesións da tarde comezaron coa xuntanza por zonas. Escoitar os problemas e as aspiracións de cadaquén é gratificante, porque nos demostra que non estamos sós e que son moitos os que participan das nosas inquedanzas e das nosas angueiras. 

Por último, recibimos un fermoso agasallo. A presenza de Xosé Neira Vilas, quen nos contou anécdotas entrañables da súa vida. Coa súa retranca e o seu bo humor, coñecimos de primeira man retazos da súa biografía; a súa xenerosidade e entrega na divulgación da lectura; a súa relación con Anisia Miranda, a súa compañeira da alma; a súa loita por demostrar que "esta esquina de aquí ten un un idioma de seu e unha literatura de seu".

Grazas a todas as persoas que fixeron posible, co seu traballo, estes magníficos Encontros: ós ponentes, polo seu esmero e rigurosidade; a Cristina e Pilar, por comandar "contra vento e marea" este buque das Bibliotecas Escolares de Galicia; e a todos eses asesores, asesoras e colaboradores que, coa súa labor silenciosa, nos foron facilitando o traballo a todos (Consuelo, Nati, Teresa, Chus, Javier, Loli, Ánxela, Gabriela e Leonor).

Por último, quero dar tamén as grazas a Loli Lago (O Segrel do Penedo, do IES de Fene) e a Emilio Roca (IES Pedra da Aguia), por ser máis previsores ca nós e estar sempre preparados coa súa cámara de fotos para deixar constancia de todo o que ocurre. Podedes verificalo neste álbum de O Segrel do Penedo

Os magníficos materiais poden consultarse neste enlace da páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

domingo, 10 de abril de 2011

MARCAPÁXINAS

Estes son algúns dos marcapáxinas que fan os nenos.


Anímate a facer o teu!!!

REUNIÓN DE BIBLIOTECARIOS

O pasado 24 de marzo tivemos unha das nosas reunións.
Esta vez foi no noso colexio, no Chouzo.
Visitounos Consuelo Rivera, asesora de bibliotecas do CEFORE de Vigo, que acompañounos na primeira parte da reunión.
E despois, como sempre, falamos de traballo, intercambiamos experiencias, compartimos materiais...
Quedamos en volver a vernos despois do 10 de xuño, data na que remata o prazo de entrega da memoria do PLAMBE.
Moitas grazas a todos: Mónica (Frián-Teis)Puri (Seis do Nadal), Patricia, Pilar e Mónica (A.R. Castelao), Yoli (Panxón), Pitu (Javier Sensat), Adelaida (Belesar), Jose (Covaterreña), Inés (A Paz), Conchi (Escultor Acuña), Nerea (Nº 1 de Tui), Tere (Coutada-Beade), Pili e Susana (Emilia Pardo Bazán) e grazas tamén aos ausentes que non puideron vir ese día.

BIBLIOTECARIOS NO CHOUZO on PhotoPeach

lunes, 4 de abril de 2011

ITINERARIOS LECTORES

Os nenos de 2º leron estes libros "Shola y los leones" e "La gallina Churra".
Dixeron que son moi bonitos. Gustáronlles moito.
Fixeron estas actividades.
Felicidades a os dous: 2º A e 2º B!!!