O ano pasado falamos varias veces sobre o Kamishibai, pero o tempo non estirou máis e quedounos pendente este tema. Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai. Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas. KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach "KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel". É unha técnica que procede de Xapón. O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades. Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe. Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia... KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"
Este curso empezamos un novo proxecto para aprender moitas cousas sobre a orixe da vida e a súa evolución. As nosas actividades educativas, didácticas, lúdicas... xirarán arredor desta temática tan interesante. Esperamos aprender e divertirnos un montón ao mesmo tempo. Aquí podes ver algúns, porque temos moitos máis, dos materiais: libros, documentais, películas, xogos... que contan cousas sobre os dinosaurios, a Prehistoria, Darwine a súa teoría sobre a orixe das especies, diferentes civilizacións: romanos, celtas, exipcios..., a Idade Media cos seus castelos... e, así, ata que o home puxo o seu pé na Lúa e os novos proxectos da humanidade no descubrimento e a conquista de novos mundos. Ven á Biblioteca e lévaos!! PROXECTO 2012-13 "A ORIXE: EVOLUCIÓN" on PhotoPeach
Para saber un moitas, moitas cousas
sobre a Prehistoria, a orixe do home, os dinosauros... na Biblioteca
podes encontrar libros, películas, xogos, etc... Aquí tes algúns deles. Que te divirtas aprendendo un montón!!!